Aula Cemit Pontedeume
Formacións gratuítas na Aula CeMIT de Pontedeume
Descubre as novas formacións gratuítas da Aula CeMIT de Pontedeume. Cursos prácticos de 30 horas para crear, aprender, mellorar as túas competencias dixitais e aplicar a tecnoloxía ao teu día a día.
Indica que formación che interesa e enviarémosche toda a información sobre datas, horarios, requisitos e proceso de inscrición.
Formación dispoñible
Creator Lab Pontedeume: vídeo, música e IA para crear e compartir
Se tes entre 14 e 25 anos e che gusta crear vídeos, música, fotos ou contido para redes, este é o teu laboratorio creativo. Aprende a gravar, editar e dar forma ás túas ideas co móbil, ferramentas dixitais e intelixencia artificial.
Maker Lab: deseña e imprime en 3D
Converte unha idea nun obxecto real. Aprende a deseñar pezas en 3D, preparalas para imprimir e crear obxectos útiles, accesorios, maquetas ou solucións para o día a día.
IA práctica: ideas que traballan contigo
Descubre como empregar a intelixencia artificial para investigar, crear contidos, organizar tarefas e automatizar procesos. Aprenderás a crear asistentes e axentes de IA para proxectos persoais ou profesionais, sempre con criterio e seguridade.
Vende mellor: produtos, plataformas e clientes
Aprende a vender produtos ou servizos por internet. Creación de anuncios, fotografía de produto, organización de pedidos, comunicación coa clientela e uso práctico de plataformas de compravenda e venda en liña.
O teu móbil, ao teu xeito
Gaña seguridade e autonomía no uso do teu teléfono móbil. Aprende a comunicarte, facer trámites, protexer as túas contas, evitar estafas e aproveitar mellor as aplicacións de uso diario.
Preparación COMDIX
Practica as competencias dixitais, coñece o formato da proba e prepara un plan de reforzo para afrontar con máis confianza a acreditación COMDIX.
Solicita información
Cubre o formulario e indica a formación ou formacións que che interesan. Contactaremos contigo para enviarche a información detallada antes de que se abra o proceso de inscrición definitivo.
Se tes algunha dúbida, podes contactar connosco no 881 939 142 ou en soporte@tagenata.com. Os datos recollidos neste formulario xestionado por Tagen Ata serán empregados para facilitar a preinscrición na ferramenta web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). A continuación dispós das formacións que comezan nos próximos días:
Podes consultar a política de privacidade da AMTEGA na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/gl/politica-de-privacidade-e-proteccion-de-datos-persoais
Ola! Somos Tagen Ata
Formulario Aulas Cemit Pontedeume
Cubre o seguinte formulario de solicitude cos teus datos e intereses. Esta información é necesaria para realizar a túa preinscrición nos cursos ofertados pola Aula Cemit de Pontedeume:
Cursos sinxelos, intuitivos e accesibles
Cursos de Lingua e comunicación
Social Media, redes sociais e community management; escribir en internet; creación de textos e presentacións-…
TIC
Xestión da seguridad informática na empresa: comercio electrónico; social Media, redes sociais e community management…
Economía social
Emprendemento social; réxime económico e fiscal das cooperativas; iniciación á cooperativa de traballo…
Cursos de Educación
Acreditación docente como formador/a on-line; perspectiva de xénero, igualdade e desenrolo persoal…
Como podemos axudarte?
Tanto se estás traballando ou se non tes decidido o teu futuro profesional, coma se pertences á administración pública, asesorarémoste sen compromiso. Ponte en contacto con nós:
Achegamos coñecemento a través da tecnoloxía
A nosa cooperativa traballa de xeito activo a formación e presenza na rede, ofrecendo os cursos on-line que ti necesitas:
As vosas valoracións
Van ao gran e isto é o que precisaba para compatibilizalo co meu traballo. Ademáis a flexibilidade e os contidos actuais fixéronme decantarme por Tagen Ata.
Marina Rodríguez
Os seus cursos para administración pública valéronme para telas capacidades técnicas necesarias para desenvolver a miña actividade profesional noutras áreas. 100% recomendable.
Rosa Fernández
Sen dúbida a mellor decisión que puiden tomar nun momento duro da miña vida na que estaba confuso. Eles axudáronme do mellor xeito posíbel. Moi agradecido por todo.